Participa!

Hai moitas formas nas que podes colaborar coa campaña VIDA e RÍA. Nesta páxina suxerimos apenas algunhas das máis simples. Lembra que podes porte en contacto conosco en info@vidaeria.org para implicarte máis a fondo na organización e desenvolvemento da campaña.

  1. Dálle a gustar á nosa páxina de Facebook e convida a todas as túas amizades virtuais a gustaren para vos manterdes ao día sobre a situación.
  2. Faite seguidor/a do noso canal de vídeo de YouTube, e axúdanos a divulgar os vídeos entre os teus contactos e redes sociais.
  3. Dálle á lingua, informando á xente da túa contorna. Podes usar o noso díptico, imprimindo copias ou pedíndonos copias xa impresas.
  4. Organiza unha charla informativa conosco, propóndollo ás asociacións das que formas parte ou á túa veciñanza. Estamos á vosa disposición para ir.
  5. Dille á Xunta o que pensas, personándote no procedemento. Só tes que imprimir e cubrir este modelo de personación e presentalo en calquera rexistro.
  6. Recolle asinaturas para dar voz á Ría, utilizando este modelo de recollida. Avísanos por email para que recollamos as follas cheas, ou preséntaas directamente por rexistro (no Concello ou noutra administración) dirixidas a Augas de Galicia, Pr. Díaz Baliño, 7-9, 15704 Santiago.
  7. Contacta conosco para implicarte na campaña Vida e Ría. Utiliza este formulario ou escribe a info@vidaeria.org