A Denominación Mexillón de Galicia alerta sobre o risco ambiental da mina de San Finx

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia ven de publicar un contundente artigo no seu Boletín do mes de decembro baixo o título “A minería non pode pór en risco a riqueza das nosas rías“, no que alerta sobre o risco que o proxecto mineiro de San Finx supón para calidade das augas das rías.

Por iso, reclaman que “as administracións apliquen o principio de precaución para protexer as actividades de cultivo de mexillón, pesca artesanal e marisqueo que se desenvolven augas abaixo destas explotacións mineiras, e que son piar importante da riqueza, tamén económica, da Galicia costeira.”

Deste xeito, desde o Departamento de I+D+i da DOP “Mexillón de Galicia” chámase á cautela frente á autorización de verteduras solicitada ante Augas de Galicia pola concesionaria Tungsten San Finx (Grupo Sacyr), e contra a que xa se posicionara tanto a Asociación de Produtores de Mexillón da Ría de Muros e Noia como a Confraría de Pescadores de Noia, a Confraría de Pescadores de Muros, a Confraría de Pescadores de Portosín e a Confraría de Pescadores de Porto do Son.

A avaliación do impacto ambiental de San Finx chega ao Parlamento

O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia dá conta da Pregunta do Grupo Parlamentario de En Marea sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación coa aplicación da lexislación ambiental vixente aos proxectos mineiros aprobados nos anos 2009 e 2011 para as minas de San Finx e Santa Comba, a concesión de aproveitamento de augas aprobada en 2016 e a solicitude de autorización, presentada no mes de novembro. Pola relevancia das informacións achegadas na súa sección expositiva, inclúese o texto íntegro a continuación.

A normativa ambiental, e en particular a que fai referencia á avaliación do impacto ambiental, e á participación pública nestes procesos, non responde a un capricho, nin pode a súa aplicación suxeitarse ao capricho ou intereses dun goberno particular. Non obstante, desde 2009 parece que é o capricho e non a legalidade o que articula a aplicación da normativa ambiental, e moi particularmente no ámbito da minaría. Permítame ilustrar esta afirmación con dous casos que recentemente teñen recibido notable atención pública.

O 25 de marzo de 2009 o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, D. Anxo R. Calvo Silvosa, xunto co Subdirector Xeral de Recursos Minerais, D. José Antonio Domínguez Varela, asinan “Resolución de transmisión das concesións de explotación que conforman o denominado Grupo Mineiro Santa Comba”. A transmisión de dereitos mineiros autorizada pola Resolución, non obstante, quedaba condicionada a “Presentar, no prazo de tres meses, un estudo de impacto ambiental do proxecto que nos ocupa, conforme o Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, e demais normativa de aplicación“. Na mesma Resolución, que nunca foi obxecto de recurso, sendo portantoo firme, indícase que “Para poder proceder á explotación se deberá contar coa declaración ambiental e coa aprobación do proxecto de explotación e plan de restauración, correspondentes“. Con anterioridade, en informe de 23/09/2008, a enxeñeira actuante da Delegación da Coruña, Dª María José Míjares Coto, sinalaba que o proxecto  “debería someterse al dictamen ambiental previsto en la legislación sobre materia de medio ambiente actualmente en vigor por tratarse de una explotación subterránea que por su paragénesis puede producir aguas ácidas o alcalinas que den lugar a cambios en el pH o liberen iones metálicos que supongan una alteración del medio natural”. Coa mudanza de goberno en 2009, o proxecto non foi sometido ao trámite ambiental.

Sendo evidente a responsabilidade do órgano substantivo, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e en particular do seu Director Xeral, na situación descrita, non o é menos do órgano ambiental. Especialmente preocupante é a “carta de natureza” que o anterior Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, D. Justo de Benito Basanta, outorga á actuación da Dirección Xeral de Minas no caso do Grupo Mineiro Santa Comba en escrito de 1 de setembro de 2011 no que comunica que “dado que a titulación destas é anterior á entrada en vigor da lexislación ambiental vixente, que obriga á realización dunha declaración ambiental previa ao comezo da actividade extractiva, e que non existen novas áreas afectadas, non procede emitir nigunha declaración“. Téndose destinado recentemente o Sr. de Benito a un posto diplomático en París, non é posible preguntarlle se esta comunicación responde ao seu propio criterio ou se simplemente refrenda as palabras do Sr. Bernardo Tahoces, unha vez que non parece existir na lexislación amparo algún a ese parecer e que en todo caso tal criterio non vén acompañado de ningún informe por técnico funcionario público dese departamento.

O 30 de decembro de 2008, o mesmo Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, D. Anxo R. Calvo Silvosa, xunto co Subdirector Xeral de Recursos Minerais, D. José Antonio Domínguez Varela, asina unha “Resolución de transmisión de dereitos mineiros do Grupo Mineiro San Finx”, igualmente condicionada a “Presentar, no prazo de tres meses, un estudo de Impacto Ambiental do proxecto que nos ocupa, conforme o Real Decreto Lexislativo 1/2008 , de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, e demais normativa de aplicación“. A pesar de tratarse, novamente, dunha resolución firme, nunca recurrida, cando D. Ángel Bernardo Tahoces asina a “Resolución de 28 de decembro de 2009 de aprobación dos proxectos de explotación, de restauración e de mellora das instalacións de tratamento do Grupo Mineiro San Finx” suprímense dos “Antecedentes de feito” a mención ao condicionante de presentar un estudo de impacto ambiental, desaparecendo toda mención a este condicionante sen mediar ningún cambio normativo en relación á lexislación de impacto ambiental.

Ambas as dúas explotacións teñen elementos en común: ambas as dúas producen drenaxes ácidas de minas con disolución de metais pesados; en ambos os dous casos estas drenaxes son vertidas ao dominio público hidráulico sen tratamento que os elimine; por este motivo, entre outros, ambas as dúas deberían terse submetido ao trámite de avaliación ambiental, como impuxeron sendas resolucións, que nunca foron obxecto de recurso e, por tanto, eran firmes. Non obstante, ningunha das explotacións foi sometida a este trámite legalmente obrigatorio. Mesmo así, nese periodo recibiron numerosas subvencións, a pesar de que o Consello de Contas recolleu a cualificación dos proxectos presentados como cuestionables e de formulación dubidosa. Tanto o Grupo Mineiro Santa Comba como o San Finx pertencían na altura á mercantil Incremento Grupo Inversor S.L., liquidada concursalmente en 2013. Posteriormenete outros grupos empresariais subrrogáronse aos proxectos mineiros, subrrogación aprobada polo departamento de minas a pesar que ditos proxectos continúan sen estar sometidos ao obrigatorio trámite ambiental.

Moitas persoas, colectivos, e outras empresas do sector, pregúntanse que hai detrás da inacción da Consellería de Medio Ambiente nunha situación cuxas dimensións aínda descoñecemos. E eu tamén me fago esa pregunta. Non é unha pregunta nova, pois xa se lle formulou aquí ao Sr. Bernardo Tahoces, así como repetidamente ao Sr. Director de Augas de Galicia, que non só parece compartir responsabilidade senon tamén criterio frente á grave afectación que estas explotacións non sometidas ao procedemento de avaliación de impacto ambiental están tendo e terán no medio ambiente, en particular as drenaxes ácidas de mina. Sorpréndenos aínda a Xunta, cando o día 15 de novembro de 2017 emite un comunicado, recollido por diversos medios, no que sae ao paso á remisión ao Xulgado por parte da Fiscalía deste mesmo asunto, dándonos o titular “La Xunta asegura que no era necesaria declaración ambiental en San Finx”.

Por todo o exposto, os deputados asinantes presentan as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión.

  1. Cal é o fundamento legal para que os proxectos mineiros aprobados en 2009 e 2011 para as minas de San Finx e Santa Comba, con resolucións previas que condicionaban a transmisión das concesións, paralizadas desde o fin dos anos 1980, a presentar sendos estudos de impacto ambiental, puideran prescindir do trámite de avaliación de impacto ambiental establecido pola lexislación estatal e europea, e de existir, que técnico funcionario público o sustenta?
  2. Cal é o fundamento legal da comunicación que asinou o Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 1 de setembro de 2011? Foi precedida esa comunicación de informes realizados por técnicos da súa Consellería ou respondeu unicamente ao criterio persoal do Sr. de Benito? Podemos coñecer eses informes, se existiren?
  3. Desde 2009, a cantas e a cales explotacións mineiras obrigadas a someter os seus proxectos ao trámite ambiental por xerar drenaxes ácidas de mina ou outros motivos contemplados na lexislación, se eximiu deste requisito en base a escritos como o do Sr. de Benito? É coñecedora da existencia de presións a técnicos funcionarios do seu departamento por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas?
  4. Á vista da actuación do órgano substantivo de minas, e atendendo ao disposto pola Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de evaluación ambiental (e a súa precedente), que establece que “Carecerán de validez los actos de adopción, aprobación o autorización de los planes, programas y proyectos que, estando incluidos en el ámbito de aplicación de esta ley no se hayan sometido a evaluación ambiental, sin perjuicio de las sanciones que, en su caso, puedan corresponder”, vai tomar algunha medida o seu departamento frente aos proxectos referidos e a outros que se poidan encontrar en situación análoga?
  5. Atendendo ao anterior, vai tomar algunha medida o seu departamento ante a concesión de aproveitamento de augas aprobada en 2016 e á solicitude de autorización de vertidos que actualmente está a tramitar Augas de Galicia, en relación á mina de San Finx, non sometida a EIA? Desde cando coñece a situación legal en relación ao aproveitamento de augas e á autorización de vertidos da mina, en particular da de de Santa Comba e outras que xeran drenaxes ácidas sen terse sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental?

 

A Fiscalía leva a Xunta ao xulgado por irregularidades e desleixo na mina de San Fins

Texto de Miguel Pardo en Praza Pública (Creative Commons by-sa)

Hai agora un ano, a empresa mineira Tungsten San Finx SL, pertencente ao grupo Sacyr, solicitou permiso a Augas de Galicia para verter un millón de metros cúbicos anuais de augas residuais procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras dun histórico xacemento de estaño-wolfram. Tan só dous meses despois, en xaneiro, varios colectivos como a Plataforma en Defensa do Mar (Plademar Muros-Noia), Adega ou Verdegaia denunciaron as irregularidades e verteduras desa mina de San Fins, en Lousame, que tinguiron de laranxa o regato do mesmo nome e provocaron un forte cheiro a xofre, a aparición de escuma e indicios dunha ameaza ambiental que ameazaba toda a ría de Noia, ao ser o destino final das augas. En abril, Augas de Galicia confirmaba a contaminación provocada despois de que a construtora denunciase un membro de Adega por tomar mostras de auga nas instalacións mineiras.

A Fiscalía de Medio Ambiente trasladou ao xulgado as graves irregularidades, nas que sinala a empresa e a Xunta

A Fiscalía de Medio Ambiente acordou a apertura de dilixencias penais e vén de trasladar ao xulgado as graves irregularidades atopadas na mina de San Finspara continuar coa investigación. Advirte da discutible actuación da empresa, pero tamén da Xunta, e non descarta que se cometese un delito contra o medioambiente ou os recursos naturais. “Indiciariamente aparecen elementos que puidesen significar a existencia ou o risco indicado nos artigos 325 e ss” do Código Penal, en referencia a delitos por contaminación tanto a quen a provoca como a quen a permite e que son castigados con penas de prisión de dous a cinco anos.

O fiscal non descarta un delito contra o medio ambiente e os recursos, penado con entre dous e cinco anos de cadea

As dilixencias fiscais, que fixo públicas Adega, advirte de catro graves irregularidades e catro indicios presuntamente delituosos. O primeiro deles, a ausencia dun estudo de impacto ambiental (EIA). En 2008, logo de varios requirimentos, o goberno bipartito da Xunta esixiulle á concesionaria este estudo para reabrir a mina, pero nunca foi presentado pola empresa, que alegou que a explotación non mudara desde 1982. Coa chegada do PP á Xunta, o director xeral de Minas, Ángel Tahoces, aprobou a reapertura e suprimiu a necesidade do devandito informe. Así o recorda o fiscal Álvaro García Ortiz, que censura a actitude da Administración e lembra que “desaparece por completo toda mención ao condicionante do EIA” e faise, destaca en maiúsculas, “sen mediar cambio lexislativo ningún”.

Respecto da solicitude para verter máis de un millón de metros cúbicos de augas minerais, o fiscal lembra que se fai “sen acompañar instrumento de avaliación de impacto ambiental”, aínda sendo obrigado por lei. Ademais, refírese á inxustificada modificación dos caudais a verter para “esquivar” a obrigatoriedade de presentar un novo proxecto e maiores controis ambientais e achega datos que “permiten dubidar das medicións”. Augas de Galicia aínda non resolveu sobre a posible denegación destes vertidos.

A Fiscalía censura a Dirección Xeral de Minas por permitir reabrir a mina sen estudo de impacto ambienal tras anos requiríndoselle

En canto a esta vertedura de augas industriais, a empresa recoñece que se realizou xa antes e durante décadas ao dominio público e, como lembra a Fiscalía, ante as reiteradas denuncias, “tanto a denuncia como as dilixencias incorporáronse ao expediente de autorización de vertidos en vez de tramitarse o correspondente expediente sancionador”. O texto é moi revelador porque dá conta de vertidos de aguas residuais industriais “nunca sancionados até o momento por Augas de Galicia malia superaren en moitos puntos os límites permitidos. Así, destaca que as cantidades de cadmio, cobre e zinc sobardan os máximos legais mesmo 1,5 quilómetros augas abaixo da mina.

Alén disto, o fiscal volve sinalar a Xunta ao destacar que, “malia formar parte das instalacións mineiras, a autoridade mineira non esixiu aos sucesivos titulares a súa restauración e control” das balsas de residuos. Lembra o colapso dunha das presas e a contaminación provocada e que desde a Dirección Xeral de Minas  “non se obrigou á restauración” da zona afectada e sinala a Tahoces. Este desleixo é criticado e cre que o proceder é “como pouco cuestionábel” atendendo ao estado final e á conservación da área.

As dilixencias dan conta de vertidos contaminantes durante anos “nunca sancionados” e da “non restauración” das zonas afectadas

Nas súas conclusións, o fiscal  amosa a súa “preocupación” pola “ausencia de tratamento e xestión dos residuos máis perigosos da mina” e considera “probado” as verteduras “perigosas e potencialmente perigosas” que xorden da mina, polo que considera que se debe “investigar se este vertido é ou foi tolerado ou autorizado pola Administración” e “indagar se, con coñecemento do seu carácter contaminante ou perigoso, producíronse soltas ou baleirados dalgunhas das galerías da mina”. Ademais, lembra que os datos apañados nas dilixencias “son suficientes para valorar a gravidade dos feitos”.

Por todo isto, en opinión da Fiscalía os feitos denunciados “non son de monento suficientemente indiciarios de delitos contra o medio ambiente e os recursos naturais”, pero aclara que “tampouco é descartable este extremo a esta altura da investigación”, polo que dá traslado ao xulgado da denuncia. Unha denuncia que relata un proceder de desleixo e posible comenencia da Administración cunha empresa á que non se lle teñen esixido responsabilidades.

San Finx «nos bastidores da lei de depredación»

O periódico de investigación Novas da Galiza publica no seu número do mes de outubro un interesantísimo traballo xornalístico sobre o que hai detrás da Lei de Depredación de Galicia, recentemente aprobada no parlamento. Non tan sorprendentemente encontrámonos o entramado empresarial que está detrás do proxecto mineiro de San Finx nos «bastidores» da elaboración desta lei, que ben podería ter sido feita a medida para solucionar os graves problemas administrativos cos que se ten encontrado a mineira en Lousame. A continuación reproducimos o texto tal e como aparece no Novas da Galiza.

Nos bastidores da Lei de Depredação

A chamada Lei de Depredação da Galiza (eufemisticamente denominada Lei de Fomento da Implantação de Iniciativas Empresariais) é um texto legal que nem a própria Junta da Galiza teve coragem de apresentar como iniciativa do governo. Há neste proceder razões de conveniência (o trâmite de urgência e ‘agostosidade‘ procuraram furtar o debate público) mas também de fundo. Mais além da evidente sintonia entre o PP -promotor da lei- e os mais evidentes beneficiados -os grandes lobbies extrativistas-, a redação evidencia a guerra interna no seio da administração motivada polas praxes desonestas ou manifestamente ilícitas que nem sempre são aceites polo funcionariado.

Não se duvida que fosse o próprio Diretor Geral de Energia e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, um dos redatores na sombra da proposição da lei, reescrevendo literalmente boa parte da legislação que regula os setores mineiro e energético. No entanto, alguns dos artigos mais contestados polos movimentos sociais são os que limitam ou diretamente impossibilitam os controles e contra-pesos dos restantes órgãos setoriais da administração, muito particularmente das Águas da Galiza. A virulência da nova legislação contra a administração hidráulica é verdadeiramente inusitada.

Só um mês para os relatórios de Águas da Galiza

Nas modificação à lei de ordenamento da exploração mineira, o prazo para que Águas emita os seus relatórios fica reduzido para apenas um mês, indicando que “não se terão em conta os prununciamentos recebidos com posterioridade” (mesmo que negativos). No departamento de minas sabe-se que o cumprimento deste prazo por uma administração hidráulica esvaziada de pessoal e meios é impossível, garantindo o silêncio em relação a futuros projectos poluentes. Mesmo assim, o artigo chega a incluir elementos coercitivos para punir os funcionários doutros departamentos “responsáveis de demora”.

O intuito da lei não é apenas debilitar e impedir os diferentes controlos substantivos às atividades sob responsabilidade da Direção de Energia e Minas, mas erigir o próprio departamento em ente omnipotente, cujos relatórios substituirão “para todos os efeitos, as correspondentes autorizações que (…) a solicitante esteja obrigada a solicitar desses órgãos [setoriais]”. Veremos assim Tahoces autorizando descargas de águas residuais no domínio público hidráulico, declarando a prevalência da utilidade pública para usos mineiros ou energéticos sobre terrenos agropecuários, ou permitindo a destruição de covas e castros. Na verdade, todos estes casos não são hipotéticos, mas exemplos reais dos últimos anos; experiências que explicam a emergência desta lei.

Desde que em 2009 Tahoces assume a Direção-Geral de Energia e Minas em múltiples ocasiões são outros departamentos da Junta os que devem parar os pés à voragem destrutiva e poluente abandeirada no lema Galicia es una mina. No caso das Minas de Sanfins, em Lousame, Tahoces ignorou completamente o condicionante de submeter a exploração ao procedimento de avaliação de impacto ambiental, autorizando-a a pesar da geração de drenagens ácidas de mina descarregadas em grandes quantidades a poucos quilómetros da ria de Muros e Noia, sem qualquer tratamento. Esta situação foi levada ao conhecimento das Águas da Galiza em 2016, que paralisou parcialmente o projecto, apesar de numerosos escritos e chamados do próprio diretor-geral de Minas visando permitir a descarga de centenas de milhares de metros cúbicos de águas contaminadas por metais pesados sem tratamento e à margem do procedimento de autorização legalmente estabelecido. Com a Lei de Depredação, este trâmite seria apropriado diretamente polo departamento de minas.

Desde a sua chegada ao departamento, Tahoces procurou primeiro solucionar as dissidências internas com o objetivo de converter o órgão numa verdadeira prolongação do lobby mineiro dentro da Junta. Noutra conhecida mina do mesmo grupo empresarial da de Sanfins, a mina de Varilongo, em Santa Comba, Tahoces encontrou-se, assim que chegou em 2009, com um relatório da engenheira-funcionária responsável pola exploração a indicar que a mina devia submeter-se a avaliação de impacto ambiental por gerar drenagens ácidas de mina. Quatro meses depois, a engenheira passava a ser subdiretora-geral de Recursos Minerais, substituindo-a o mesmo engenheiro atuante sobre as minas de Sanfins, que elabora novos relatórios nos quais o problema das drenagens ácidas de mina desaparece (polo rio abaixo). Nos dous exemplos, decisões definitivas que estabeleciam o condicionante de submeter a atividade extrativa a avaliação de impacto ambiental, são ignoradas. A nova lei facilitará a supremacia do departamento de minas à margem de órgãos substantivos como Águas, Ambiente, Meio Rural ou Património gerando ‘avaliações ambientais express’ controladas por pessoal funcionário afim ao setor.

Ataque ao direito de informação ambiental

Outra das principais batalhas travadas por Tahoces é contra o direito de informação ambiental, reconhecido pola Convenção de Aarhus. O departamento de minas tem atualmente dezenas de queixas abertas junto da Comissão de Transparência, a Valedora do Povo e mesmo junto do Comité de Cumprimento da Convenção de Aarhus nas Nações Unidas. A informação é fundamental para que vicinhança afectada e entidades ambientalistas possam enfrentar novos e velhos projectos com conhecimento de causa, o qual tem motivado a denegação sistemática de pedidos de informações, quer da parte da Direção-Geral, quer das Chefias Territoriais mais abertamente comprometidas com a linha política pró-setor, obrigando às entidades a gastarem milhares de euros em longos processos judiciais para conseguir um feixes de cópias. Na prática, a estratégia dilatória consegue a desproteção procurada.

Com a nova Lei de Depredação, a determinação dos dados submetidos a sigilo profissional e de propriedade intelectual e industrial deixa-se nas mãos das próprias mineiras solicitantes, de modo que os aspectos mais importantes e problemáticos de qualquer projeto ambientalmente sensível (projeto detalhado dos sistemas de tratamento de águas residuais, reativos e outros elementos químicos utilizados nas instalações de benefício, etc.) serão ocultados do escrutínio público, forçando novamente as entidades e pessoas a longos processos judiciais para obter informação ambiental básica.

Mas o mais preocupante da lei não é o seu conteúdo, mas o contexto da sua aprovação, no meridiano da legislatura e diante de um massivo concurso de direitos mineiros que poderia implicar a aprovação de dezenas de mega-projectos em questão de poucos meses, tendo desarticulado previamente a capacidade de resposta das restantes administrações setoriais e da sociedade, impedidas de emitirem relatórios ou aceder à informação. A reação civil deve passar polo fortalecimento das capacidades de resposta, colaboração e auto-organização do movimento contra o extrativismo, acompanhada de uma batalha legal contra uma lei impossível.

A Plataforma contra a Lei de Depredaçom está composta por umha vintena de coletivos sociais e ecologistas de Galiza.

A ONU denuncia inseguridade de presas mineiras

Vida e Ría quere chamar a atención sobre o Informe (Assessment Report Summary) que fixo público en Xenebra o Programa das Nacións Unidas sobre o Ambiente (UNEP), facendo un chamamento urxente ao Estados e á industria extractiva para pór freo inmediato aos sucesivos accidentes mortais e destrutivos que se veñen producindo en presas mineiras mal deseñadas e mal conservadas. Desde Vida e Ría insístese no chamamento ás autoridades responsables para que atendan de inmediato a grave situación das presas mineiras abandonadas da mina de San Finx.

O informe conxunto de UNEP e de GRID Arendal titulado “Mine Tailings Storage: Safety Is No Accident” (“Depósitos de colas mineiras: seguridade é non ter accidentes”) destaca os 40 colapsos de depósitos de residuos mineiros que tiveron lugar na última decada, incluíndo os oito de grandes dimensión que se produciron desde 2014. Estes colapsos levaron á morte de 341 persoas desde 2008, danaron centos de quilómetros de cursos fluviais, afectaron as fontes de auga para consumo humano e destruíron o modo de vida de comunidades enteiras.

O informe foi elaborado en reacción aos numerosos “desastres de presas mineiras e o aumento da preocupación pola seguridade, xestión e impactos relativos á acumulación e contención de grandes volumes de residuos mineiros”. O estudo cita exemplos como os de Ajka-Kolontár en Hungría de 2010 (MAL Hungarian Aluminium), o desastre de Mount Polley en Canadá de 2014 (Imperial Metals), o de Buena Vista del Cobre en México de 2014 (Grupo México), o colapso da xigantesca presa de Samarco en Brazil de 2015 (Vale e BHP Billiton) e o desastre da mina Tonglvshan en China de 2017 (China Daye Ltd.). Habería que engadir os colapsos das balsas de residuos tóxicos de Monte Neme, en 2014, e no río Odiel, este mesmo 2017.

UNEP e GRID-Arendal destacan a existencia de miles de depósitos de residuos mineiros en todo o mundo que supoñen un perigo potencial tanto para a saúde das persoas como do ambiente, sinalando que:  “O número crecente tanto do número de presas de colas como do seu tamaño en todo o mundo amplifica o potencial de impacto ambiental, social e económico de colapsos catastróficos, así como os riscos e custos que implican a xestión a perpetuidades destas infraestruturas. Estes riscos supoñen un inmenso desafío para a nosa xeración, e se non se aborda agora será unha dívida que deixaremos a futuras xeracións” — UNEP-GRID Arendal Assessment Report Summary, October 2017.

Desde Vida e Ría destácase como no caso das presas mineiras de San Finx se vulneran todas e cada unha das 18 recomendacións que formulan as Nacións Unidas, empezando polo modo no que tanto concesionaria como administración ignoran ou minimizan o problema existente. As recomendacións inclúen os principios de transparencia, responsabilidades, claras e garantías financeiras en caso de catástrofe. Actualmente, as presas de San Finx non están rexistradas no Inventario Nacional de Depósitos de Lodos e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas negan o acceso aos documentos relacionados. Tampouco existe ningunha garantía financeira imposta á empresa concesionaria en relación ás presas, negando ata hoxe Tungsten San Finx SL, de Valoriza Minería (Grupo Sacyr) calquera responsabilidade.

As organizacións implicadas en Vida e Ría alertan que de continuar esta situación se porá en coñecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente a situación das presas mineiras de San Finx que, entenden, supón unha vulneración das obrigas internacionais do Estado. Esíxese tamén que se cumpran as recomendacións da ONU para evitar que Lousame, Noia e a Ría se unan á lista de catástrofes de presas mineiras.

Fonte: Mining Watch.

Vida e Ría na multitudinaria manifestación contra o extractivismo

Varias das entidades promotoras de Vida e Ría estiveron presentes na multitudinaria manifestación contra o extractivismo e a Lei de Depredación aprobada a semana pasada no Parlamento de Galicia, protestando pola deixadez da administración ante o problema ambiental da mina de San Finx, en Lousame. Máis de 10.000 persoas, incluindo as plataformas e asociacións veciñais contra os proxectos mineiros de Touro, Triacastela, Terra Chá, Xanceda e Corcoesto, entre outros, berraron en Santiago este 22 de outubro contra unha lei que elimina garantías e trámites ambientais e deixa as poboacións afectadas ao antollo da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

“Feijóo dimisión, Tahoces a prisión”, en relación ás actuacións do actual Director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, foi unha das proclamas máis coreadas, como recolleron numerosos medios de comunicación presentes (La Sexta, El País, Sermos, Público, Galicia Confidencial, etc). Tamén no manifesto final se fixo fincapé en como detrás de moitos lumes se encontran intereses mineiros e eólicos, que buscan reactivar nos dous próximos anos a Lei de Depredación, cunha política de “terra queimada” á que agora dá cobertura o propio departamento de minas.

Ecologistas en Acción outorga unha «Bandeira Negra» a Sacyr polas minas de San Finx

A confederación ambientalista Ecologistas en Acción, que agrupa 340 colectivos e conta con máis de 30.000 membros en todo o Estado, incluiu por primeira vez no seu Informe Banderas Negras 2017 ás Minas de San Finx, outorgándolle unha “bandeira negra por contaminación” en base ás verteduras con metais pesados tóxicos que se veñen producindo de forma continuada e pola ameaza que supoñen as presas de residuos mineiros das que a concesionaria, filial de Sacyr, non quere facerse cargo.

O Informe é resultado da análise sobre a situación ambiental das costas e do entorno litoral que realiza a Área de Medio Marino de Ecologistas en Acción, no que se destacan as zonas con peor estado ambiental do Estado e as actuacións irresponsables por parte de administracións públicas, que promoveron a destrucción ou teñen posto en perigo o litoral.

Frente á imaxe idílica das Bandeiras Azuis, desde Ecologistas en Acción lembran a degradación á que se está sometendo ás nosas costas, colocando en risco o delicado equilibrio entre recursos e acción humana que posibilita que a nosa Ría sexa unha das zonas marisqueiras máis ricas e productivas do Estado. Sumándose á iniciativa de Ecologistas en Acción, Vida e Ría anunciará a concesión deste “galardón” á Mina de San Finx nun acto a organizar en Noia e enviará unha bandeira negra ao presidente de Sacyr, Manuel Manrique.

Texto íntegro

Por contaminación: Minas de San Fins en Lousame (Ría de Muros-Noia, dentro de las Rías Bajas)

En las Minas de San Fins, las labores subterráneas de la concesionaria, Tungsten San Finx S.L. perteneciente al grupo Sacyr, provocan drenajes ácidos de mina, debido a las infiltraciones de agua en contacto con kilómetros de galerías. Estas aguas residuales industriales mineras de bajo pH favorecen la disolución de metales pesados. En las Minas de San Fins, los drenajes presentan altos niveles de cadmio, cobre y cinc. Especialmente preocupantes son las concentraciones de Cadmio, definido como sustancia peligrosa prioritaria.

El caudal de los drenajes de aguas residuales ácidas de mina que se vierte con altas concentraciones de estos metales sin tratar es en la actualidad de aproximadamente 50.000 litros por hora. En el puente de Traba, cerca de la desembocadura del río, en la parte más interior de la Ría de Muros-Noia, a pesar de la dilución, el valor de cadmio medido por Aguas de Galicia en marzo de 2017 supera el límite legal para la media anual (NCA-MA).

Entre 1928 y 1939 las concesionarias construyeron dos presas de decantación de residuos mineros. Dichas presas están completamente colmatadas y muy deterioradas. Su rotura implicaría el vertido de cientos de miles de toneladas de residuos mineros sobre la Ría de Muros-Noia, y la afectación irreparable de los bancos de marisqueo que son el principal motor económico de la zona. En el año 2000 la concesionaria dejó de presentar los planes de labores mineras, pero la Administración no rescató las concesiones.

En 2009 una nueva empresa concesionaria intentó reactivar la explotación, pero fue a concurso de acreedores en 2013, después de recibir casi 2 millones de euros en subvenciones. Los proyectos de explotación y restauración presentados no fueron sometidos a Estudio de Impacto Ambiental, a pesar de la obligatoriedad legal y de que el Estudio de Impacto Ambiental le había sido solicitado en reiteradas ocasiones al titular minero. Estos proyectos de 2009, que continúan en vigor en la actualidad, no prevén el tratamiento de los drenajes ácidos de mina, ni la retirada de las presas mineras del río San Fins, ni la restauración del espacio afectado por la actividad minera. En 2015 se hizo con las concesiones Valoriza Minería, filial del Grupo Sacyr, que se desentiende de las presas y otras responsabilidades de restauración alegando que no forman parte del proyecto de explotación.

Administraciones responsables: Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Concello de Lousame.

Base legal: RD-Leg. 1/2008, de 11 de enero, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Evaluación de Impacto Ambiental de proyectos (vigente hasta el 12/12/13); Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de evaluación ambiental; Orden de 26 de abril de 2000 por la que se aprueba la Instrucción Técnica sobre Depósitos de lodos en procesos de tratamiento de industrias extractivas (vigente hasta el 14/06/2009); Real Decreto 975/2009, de 12 de junio, sobre gestión de los residuos de las industrias extractivas y de protección y rehabilitación del espacio afectado por actividades mineras; y Real Decreto Legislativo 1/2001, de 20 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Aguas.

Estado de tramitación: en la actualidad la empresa concesionaria ha solicitado a Augas de Galicia la autorización de vertido de residuos industriales de mina, tramitándose el proyecto a pesar de no haberse sometido a EIA.

Impacto social y ambiental: el Proyecto de Explotación de la mina actualmente vigente contempla un total de 12 puestos de trabajo durante los diez años previstos de explotación. Frente a esto, la Ría ofrece una pluralidad de realidades económicas sostenibles, para las presentes y las futuras generaciones. Estas actividades no sólo no dañan el ecosistema, sino que ayudan a mantener el delicado equilibrio entre recursos y acción humana. Cofradías de pescadores, agrupaciones de productores y asociaciones ambientales se han unido en la plataforma “Vida e Ría ou Minaría?” para exigir a la Administración el estricto cumplimiento de la ley: la realización de un estudio de impacto ambiental, el tratamiento activo de los drenajes ácidos de mina, la restauración de las balsas mineras, una adecuada gestión ambiental de los escombros mineros, etc.

Vida e Ría na concentración contra a Lei de Depredación no Parlamento

Este venres 6 de outubro Vida e Ría estivo representada na concentración contra a proposta de Lei de Depredación de Galicia que está a ser tramitada no Parlamento galego. Durante a concentración, na que estaban presentes por súa veces membros das máis de 20 entidades que forman a plataforma contra esta lei, Vida e Ría repartiu material informativo sobre o problema ambiental da Mina de San Finx e recolléronse asinaturas contra a solicitude de autorización de verteduras que solicitou a concesionaria mineira.

Desde varios colectivos presentes salientouse como a situación actual da Mina de San Finx ilustra os obxectivos da nova lei, coa cal o actual trámite de autorización de verteduras e información pública nunca chegaría a ter lugar, de modo que a xente da Ría non chegaríamos a ter coñecemento nin da natureza das verteduras con altas concentracións de metais pesados nin do modo no que serían feitas. Pola contra, sería a propia Dirección Xeral de Enerxía e Minas a que tería dado vía libre ás verteduras, relegando o papel de Augas de Galicia.

Desde Vida e Ría anímase a todo o mundo a participar nos distintos actos informativos sobre a proposta de Lei (hoxe mesmo, celebrarase un no Centro Cultural Lustres Rivas en Ribeira, ás 20:00), na manifestación do día 22 de outubro en Santiago así como a asinar a petición lanzada a semana pasada en Change.org e que xa vai próxima das 20.000 asinaturas.

A concesionaria de San Finx en moi alto risco de quebra segundo Infoempresa

As contas anuais para 2016 de Tungsten San Finx S.L., concesionaria das minas de San Fins, revelan a situación real da empresa, que nun Informe realizado pola consultora Infoempresa, se califica como en “moi alto risco de quebra” e “moi alto risco de impago“. O informe aconsella “non manter operacións de crédito” coa concesionara que acumularía á vista das contas varios anos de perdas. Con este mesmo pano de fondo, Sacyr ven de decidir substitir o Director Facultativo da mina de San Finx, Ángel Rafael Fernández Vallés, que ocupaba o cargo desde que en 2015 Sacyr asumira a concesión mineira. De feito, esta mesma semana ven de lanzar a oferta de emprego para encontrar o seu substituto.

Este panorama contrasta vivamente coa situación presentada pola Xunta en 2015, así como en sucesivas declaracións do Director Xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, en relación á solvencia técnica e capacidade de investimento da nova concesionaria. Xa en novembro do ano pasado se desvelara como o Grupo de investimento australiano Macquaire se desmarcaba publicamente do proxecto, ante as dúbidas sobre a viabilidade ambiental e técnica. Os novos movementos ilustran o alto risco de que a concesionaria non só non queira se non que non poida facerse cargo das responsabilidades asociadas a unha potencial rotura das presas mineiras, como ven denunciando Vida e Ría.

 

Augas de Galicia recoñece que a rotura da presa de San Fins podería producir un importante impacto ambiental

A final do mes de xullo Vida e Ría daba conta da resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia por parte de Augas de Galicia, na que se afirmaba, en base a un informe, que non existía risco de rotura imediata da maior das presas mineiras de San Fins. Agora Vida e Ría tivo acceso ao informe en cuestión, de xuño de 2017, no que se afirma literalmente: “No caso da presa 2, cuxo encoro se encontra practicamente colmatado, ao estar situada augas abaixo e ter unha maior altura, o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental coa eventual rotura da presa“.

O informe tamén detalla as características das presas, tendo a maior delas 12 metros de altura e 50 metros de cumprimento. O informe indica que o volume estimado de residuos mineiros acumulados é de 33.879 metros cúbicos (aproximadamente 55.000 toneladas) aínda que recoñece o “elevado grado de incertidume” do cálculo, ao descoñecer a cota do leito orixinal.

Recoméndase ademais que, “De cara á restauración da zona do Dominio Público Hidráulico, sería preciso retirar os áridos acumulados nos dous enconros e realizar a xestión dos mesmos segundo corresponda en función da súa natureza” que aínda se descoñece por non ser un dos traballos encomendados no informe “avaliar a composición química dos sedimentos”. Non obstante, a propia observación visual permite verificar a simple vista a presencia de metais precipitados en todo a zona de encoro, o que se explica polas altas concentracións de metais pesados que verificaron as analíticas de Augas de Galicia nese mesmo punto.

Aínda que o informe revela que as dúas presas constan como parte das instalacións mineiras de San Fins ata que se deixaron de presentar plans anuais de labores no ano 2000, a Xunta de Galicia, e en particular a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, continúa dificultado o proceso de investigación retendo a información relevante e non respondendo aos requerimentos de informes doutros departamentos da Xunta.

Ante a gravedade da situación, desde Vida e Ría reclámase que se realicen os estudos necesarios para caracterizar os residuos mineiros presentes nas presas e a súa perigosidade; que se realicen os estudos precisos para determinar a cantidade de residuos acumulados e os riscos para a seguridade das presas; e que se reclame, xudicialmente se fose preciso, a documentación e informes competencia da Dirección Xeral de Enerxía e Minas referentes ás presas mineiras. Todo iso para avanzar cara unha solución definitiva que pase pola restauración do dominio público hidráulico afectado polas presas de residuos mineiras e se suprima esta ameaza permanente sobre a ría.